Sorteo entradas para “O cabaré dos…”

Cartaz concurso do Cabarésábado 2 de novembro as 21.00h no Auditorio de Rianxo faremos un pase de “O cabaré dos 80… anos de Airiños” ao que só se poderá asistir con convite previo. Sorteamos unha entrada dobre para que nos acompañes ese día.

Por unha entrada dobre díganos unha obra que representara Airiños nestes 80 anos de vida. 1, 2, 3, responda outra vez!

Pois iso! Para participar só tes que dicirnos unha obra que levara Airiños ao escenario nestes 80 anos.

Actualizado: a entrada foi para Rosa Piñeiro.

Estaremos tamén, o venres 8 e o sábado 9 ás 21.00h con previa recollida da entrada 1h antes na recepción do Auditorio.

A participación conleva a aceptación das regras e condicións que especificamos máis abaixo.

Regras e condicións

  1. Ningún membro actual de Airiños pode participar no sorteo.
  2. O concurso remata o venres 1 de novembro ás 21.00h.
  3. A cada participante asignaráselle un número de participación.
  4. O gañador elixirase aplicando a operación matemática módulo “número do sorteo da ONCE do venres 1 de novembro” MOD “número de participantes totais”.
  5. Contactarase coa persoa gañadora mediante Facebook ou correo electrónico.
  6. Calquera circunstancia que puidera xurdir e non esté considerada nestas bases, quedará baixo a interpretación do Grupo de Teatro Airiños.
  7. A participación no concurso implica a aceptación de todas as regras anteriores.
Esta entrada foi publicada en Novas. Garda a ligazón permanente.

4 respostas a Sorteo entradas para “O cabaré dos…”

  1. pilar di:

    Creo que entre outras que empezara ca obra ” a retirada de Napoleon ” que foi as primeira
    Un saudo

  2. Paco Pernas di:

    Os vellos non deben namorarse

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *