Onte o Grupo de Teatro Airiños recollemos en Vilagarcia o premio Arousán do Ano na categoría de Cultura polo “desenvolvemento dun gran traballo cultural en toda Galicia e o esforzo que ten esta labor dende o ano da vosa fundación”. A gala acudimos un grupo dos actuais membros tanto adultos como pequenos.
Moitas grazas ao Diario de Arousa polo recoñecemento.
Parabéns para ese grupo humano polo premio acadado.
Queda claro que o premio debe ser un chanzo máis por esa historia que avanza cun esforzo diario e unha colleita grao a grao.
O noso pobo tamén está en cada alento, en cada verba, en cada pausa dramática.
Houbo un tempo de traballo que foi o xérmolo acadado. Para todos e cada un dos membros; Bicossssssssssssssss e apertas. Gracias por axudar a facer do noso país un eido un pouco máis C U L T U R A L .