Con S de Súper

carte_s_de_super Outro fin de semana máis temos teatro no Auditorio de Rianxo. Desta vez a cargo d’Os Kabramakabra que se subirán ás táboas o sábado 18 de xuño ás 20.30h para representar Con S de Súper, unha creación colectiva.

O venres 17 realizarán tres pases da función para os seus compañeiros do IES Félix Muriel, recuperando así unha vella cita arreigada na primeria etapa da Escola de Teatro e que aínda non se recuperara dende a súa nova posta en marcha en 2012.

Con de S de Súper está interpretada por Lucía, Silvia, Luismi, Rebeca, Carmela e Marco e está dirixida por Raquel Ramos. Agardámovos!

Esta entrada foi publicada en Novas e etiquetada , , . Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *