Teatro Express

Cartaz CastelaoEspectáculo: Anacos de Castelao
Tipo de espectáculo: Contacontos dramatizado. Comedia. Para todos os públicos.
Autores: Castelao, Ether F. Carrodeguas
Duración: 30 min (aprox.)
Ano de produción: 2012
Sinopse: Durante aproximadamente media hora o Cadro Artístico Airiños repasa a vida e sobre todo a obra do rianxeiro máis internacional: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Dramatízanse pequenas escenas da súa obra, contos, versionase “Os vellos non deben de namorarse” e levanse a escena algunhas das láminas máis coñecidas do multifacético Castelao.

Cartaz_AnaMaria_RianxoEspectáculo: A bicicleta de Ana María
Tipo de espectáculo: Contacontos dramatizado. Comedia. Espectáculo Familiar.
Autora: Ether F. Carrodeguas
Duración: 30 min (aprox.)
Ano de produción: 2012
Sinopse: Ana María Diéguez foi mestra en Asados (Rianxo) máis de 40 anos, durante os cales loitou con toda a súa forza para que todos os nenos da comarca fóran á escola cando esta aínda non era, insistindo en que nos estudos estaría a súa liberdade persoal. A protagonista da nosa hitoria foi muller, nai, traballadora e loitadora durante toda a sua vida, e isto é o que o que o espectáculo tenta transmitir: a súa forza humana. “A bicicleta de Ana María” é unha teatralización libre da súa vida que saca sorrisos a cativos e non tan cativos, amosando tamén a importancia das mulleres e das persoas que loitaron no seu dia por cousas que hoxe nos semellan “normais”, pero que non o foron sempre.

Espectáculo: Superapalpadorciño, o actor de Airiños que foi ao Courel e volveu con mel
Tipo de espectáculo: Contacontos dramatizado. Didáctico. Para todos os públicos.
Autora: Ether F. Carrodeguas
Duración: 30 min (aprox.)
Ano de produción: 2012
Sinopse: O apalpador é unha figura mítica ligada á tradición do Nadal galega e que nos últimos anos se está intentando recuperar en todo Galicia. Este teatro express busca explicarlle aos nenos a figura deste xigante carboeiro á vez que se lles inculca unhas nocións alimentarias sobre como conseguir un almorzo san e nutritivo.

Espectáculo: Un mar de mulleres
Tipo de espectáculo: Contacontos dramatizado. Teatro familiar. Para todos os públicos.
Autora: Ether F. Carrodeguas
Duración: 30 min (aprox.)
Ano de produción: 2013
Sinopse: Mar de mulleres é unha pequena homenaxe a todas as mulleres que traballan no mar, dende as mariscadoras, ás mariñeiras, redeiras, pescas e vendedoras, traballadoras da fábrica de conservas… Deste xeito, moitos nenos e nenas poderán aprender algúns traballos que descoñecen ou no seu caso, valorizalos. Trátase ademais dun espectáculo, coma o resto dos teatros express, de carácter familiar, que tenta unir a educación coa diversión dos mais pequenos, apelando tamén aos recordos dos adultos que poden ver reflexada en escena o seu presente, ou o seu pasado. Mesturando en escena as mariscadoras de antano coas actuais, ou as expertas coas inexpertas, conséguese un conto para todas as idades no que as protagonistas son sempre esas mulleres do mar.

Espectáculo: Mulleres que rompen moldes
Tipo de espectáculo: Contacontos dramatizado. Teatro familiar. Para todos os públicos.
Autora: Ether F. Carrodeguas
Duración: 30 min (aprox.)
Ano de produción: 2014
Sinopse: María Castaña, María Pita, Concepción Arenal, a inventora de Porto do Son Joaquina García, Pepa a Loba, A Bela Otero, María Casares, Chus Lago, Irene (a primeira futbolista muller do mundo, que era galega!), Maruja Mallo, Rosalía de Castro e mesmo Sés, entran destro deste espectáculo de pequeno formato onde se pretende achegar aos máis pequenos un conxunto de mulleres que foron importantes para o desenvolvemento da historia.

Espectáculo: Taxi!
Tipo de espectáculo: Contacontos dramatizado. Teatro familiar. Para todos os públicos.
Autora: Ether F. Carrodeguas
Duración: 30 min (aprox.)
Ano de produción: 2014
Sinopse: Este teatro de pequeno formato conta a pequena gran historia de Lestrove e o seu taxi. Con humor vaise explicando os problemas que este taxista rianxeiro tivo na época da dictadura por poñer no seu coche “Rianxo” en vez de “Rianjo”.

Espectáculo: Salvemos o xeito
Tipo de espectáculo: Contacontos musicalizado. Cantar de cego. Para todos os públicos.
Autora: Ether F. Carrodeguas
Duración: 30 min (aprox.)
Ano de produción: 2015
Sinopse: A modo dun cantar de cego este teatro express vai contando como a raíz da prohibición da Unión Europea sobre a arte de pesca do xeito, uns mariñeiros xeiteiros, políticos e veciños se xuntan para loitar para recuperar o que é seu.

Para contratacións contacte con nós.