Arquivos da etiqueta: zanfona

Zona da Zanfona, X Encontro Internacional

CARTAZ CENTRAL FOLQUEAiriños colabora co 10 Encontro Internacional Zona da Zanfona da Central Folque que se celebra en Rianxo, máis concretamente o sábado onde a programación se celebra no Centro Cultural Simón Varela. Aquí vos deixamos a programación para o sábado 5:

21h XANTAR POPULAR

A Asociación Antrospinos, responsável deste entrañável festival de verán, parceiros nesta ZdZ’14, organizan este xantar aberto para calquera persoa que se queira achegar a compartir a mesa previa ao Baile Assalto. Haberá polvo, churrasco e parrillada vexetal

22.30h TEATRO DE AIRIÑOS “Cantar de cego” 

Este Baile Assalto especial Zona da Zanfona ten ademais o valor engadido de que se abrirá cunha representación dun sainete cómico a cargo do Cadro Artístico Airiños de Asados, o mais antigo grupo teatral do país, q cacaba de cumplir 80 anos. Será un número cómico breve dunha adaptació n dun diálogo entre un cego e unha lazarilla, típico do teatro popular galego dos anos 20 na Galiza.

23h BAILE CON MÚSICA AO VIVO

Coordinado por Óscar Fernández, mestre de zanfaona da Escola Livre da MPG e membro de Os Cempés. O baile estará amenizado coa música dos cursillistas da ZdZ e outros músicos convidados. O palco está aberto para calquera músico que queira tocar para o baile con calquera instrumento. Anotádevos na axenda ou falade coa organización para apuntarvos na lista!

24h SORTEO 1 zanfona de 10!

Ao redor da media noite vaise realizar o sorteo da lotaría ZdZ 1 zanfona de 10! duninsturmento de estudo feito especialmente polo obraoidor de Rebollo Instruments para o Encontro e que se xoga nunha lotaría de 300 números.