Romeo e Xulieta

ROMEO E XULIETA
Unha produción do Grupo de Teatro Airiños, de Asados (Rianxo)

SINOPSE: Teatro Airiños atrévese este ano co clásico de Shakespeare Romeo e Xulieta, pero por suposto, para darlle unha volta e lévao ao terreo que mellor dominan: a comedia. En todo caso, esta estrafalaria versión dunha das, posiblemente, obras máis representadas de todos os tempos, manterá a súa esencia: enfrontamentos entre familias que se odian, amor eterno da última xeración, loitas en escena, e sobre todo, moita música. Unha obra para desfrutar só ou en familia que nos recordará, coma sempre en Shakespeare, que a vida é amor… pero tamén odios.

AUTOR: Adaptación de Esther F. Carrodeguas do clásico de William Shakespeare

DIRECCIÓN: Esther F. Carrodeguas

DURACIÓN: 90 minutos

CORPO ACTORAL (16 actores): Ramona Fernández – Pablo García – Teresa Gey – Francisco Gómez – Raquel Lodeiros – Lupe Mazariegos – Graciela Muñiz – Álvaro Ordóñez – Mucha Ordóñez – Raquel Ramos – Merchi R. Pimentel – Bautista Romero – Mari Santos – Anxela Silva – Miguel Silva – Segis Zúñiga

ILUMINACIÓN E DESEÑO GRÁFICO: Francisco Gómez

SON: Lucía Casal

VESTIARIO: Alicia Rodríguez

Para contratacións contacte con nós.