Romeo e Xulieta en Teatrofilia 2018

Temos a honra de poder anunciar que este sábado 24 de marzo estaremos en Vedra pechando a XV Mostra de Teatro Amador de Vedra – Teatrofilia 2018, organizada pola Asociación Cultural Papaventos. A actuación será ás 21.15h e as entradas só custan 3€.

Agardámosvos 🙂

Publicado en Novas | Etiquetado , , | Deixa un comentario

Abaixo o aeroporto en Rianxo do Teatro de Balugas

Despois de nós visitar Balugães (Barcelos, Portugal) co noso Romeo e Xulieta, chegan ao noso Auditorio de Rianxo o Teatro de Balugas! A obra titulada “Abaixo o aeroporto en Rianxo” promete ser unha comedia que gustará e fará rir a todo o público. A entrada é de balde e pode recollerse na billeteira do Auditorio 1h antes da función. Vémonos entón o sábado 10 de marzo ás 21.00h no Auditorio de Rianxo.

ABAIXO O AEROPORTO EN RIANXO
[sinopse]
Nos confíns de Rianxo está radicada a máis pequena comunidade portuguesa de todo Galiza, da cal o Goberno Portugués posiblemente nunca escoitou falar. Ti Abílio hai moito que escoita mal, di que foi da fame que pasou de máis novo. Zé Bidão é bailador de bailes de salón no seu tempo libre e vive de facer pequenos amaños de vez en cando. O romanés Yuran, traballador ilegal en España, fala mal a lingua de Cervantes, pero entende ben a preguiza de Zé Bidão. El veuse para Galiza á procura de fortuna e vese metido na maior allada da súa vida cando Ti Abílio inocentemente entende que o aeroporto ía ser construído en Rianxo. A noticia corre rápido pola vila.

A partir de aquí, Zé Bidão pasa de dedicarse a facer chambonadas a enxeñeiro do aeroporto. Así como comeza a difundirse a noticia, tiran abaixo a idea do aeroporto de Rianxo: un político de Lisboa aproveitase da situación transfronteiriza, argumentando que alí non pode ser construído, xa que Rianxo atópase no medio dunha ruta migratoria de aves, en especial de rulas turcas. A policía é chamada para que interveña xa que hai un motín liderado por María das Dores, nai solteira que aproveita a presenza dunha canle televisiva sensacionalista de Madrid.

[FICHA ARTÍSTICA]
[texto e dirección artística] Cândido Sobreiro

[interpretación]
André Sobreiro, Aurélio Magalhães, Cândido Sobreiro, Cristina Faria, Cristiano Esteves, Diana Gonçalves, Davide Faria, Gilda Silva, Jorge Teixeira, Juliana Pereira e Rui Pereira

[equipo técnico]
[produción] Diana Gonçalves
[luz e son] Matilde Esteves
[escenografía e carpintería] Cristina Faria e David Pereira
[vestiario] Manuela Rosas e Diana Gonçalves
[apoio de escena] Ana Magalhães
[cartaz] André Sobreiro

[apoio]
Teatro de Balugas
Junta de Freguesia de Balugães
Município de Barcelos
Barcelos Cidade Educadora
Fundação INATEL
ID3 – Design e Publicidade


Teatro de Balugas

Fundado em 2007, o Teatro de Balugas inspira-se na cultura popular do Minho.
É teatro feito na aldeia, acreditando que este trabalho comunitário manterá viva a identidade desta, enquanto espaço de criação, numa luta contra o desaparecimento do mundo rural, da festa feita nas terras pelas gentes que contavam apaixonadamente as suas crenças, tradições e costumes, de uma certa ideia de progresso que não serve homens nem comunidades.
É uma história de resiliência e continuidade, onde a cultura popular de gerações resiste nas mãos de um punhado de artistas anónimos que pisam o palco de balugas ou borzeguins, botas altas com atacadores, de onde deriva o topónimo da aldeia de Balugães.

Publicado en Novas | Etiquetado , , , | Deixa un comentario

Romeo e Xulieta en Asados

Este sábado 17 de febreiro xogamos na casa, na nosa parroquia, en Asados. Será ás 20.00h nas Escolas Vellas da Atalia. Agardamos por vós veciños 🙂

Publicado en Novas | Etiquetado , | Deixa un comentario

Romeo e Xulieta en Compostela

Este sábado 13 de xaneiro ás 19h estaremos en Santiago de Compostela, máis concretamente no CSC de Santa Marta. Entrada de balde!

Publicado en Novas | Etiquetado , , , , | Deixa un comentario

Romeo e Xulieta na Baña

Este sábado 16 de decembro ás 20h estaremos no Centro Social e da Terceira Idade de A Baña coa nosa peculiar versión de Romeo e Xulieta. A entrada é de balde, e se vos apetece ir antes e aprender algo das novas tecnoloxías mentres tomades uns doces tamén podedes 🙂

Publicado en Novas | Etiquetado , | Deixa un comentario