Premios Buero de Teatro Joven 2018

Os Kabramakabra están de noraboa, a súa obra Mass Co-medias, escrita e dirixida por Raquel Ramos, ven de gañar a Mención do Xurado por Texto Orixinal nos Premios Buero de Teatro Joven organizados pola Fundación Coca-Cola. Premios que van pola súa 15º edición e que este ano baten record de participación, 33 grupos inscritos que fan un total de 660 mozos. Os premios foron entregados nunha gala celebrada o pasado 22 de maio no Centro Ágora de A Coruña onde, como é lóxico, non faltaron as representacións teatrais.

Esta mención súmase aos dous premios recollidos no I Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá o pásado decembro por esta mesma obra.

Foto: El Correo Gallego

Publicado en Novas | Etiquetado , , , | Deixa un comentario

Teatro Airiños no Fest’Arte (Braga, Portugal)

Este sábado 19 de maio temos a honra de participar na XIII Mostra de Teatro Amador Fest’Arte organizada pola Nova Comédia Bracarense e Junta de Freguesia de Palmeira (Braga). Será a nosa cuarta internacionalización despois de Monção, Santa Maria da Feira e Barcelos. A función é ás 21.45h (hora de Lisboa) e a entrada ten un custo de 2€ (a metade do recaudado é doado ó Grupo CRES’SER Jovem). Persoas de ata 14 anos e con máis de 65 anos teñen entrada de balde.

Publicado en Novas | Etiquetado , , | Deixa un comentario

Romeo e Xulieta no Araño

O xoves 17 de maio estaremos celebrando o Día das Letras Galegas representando Romeo e Xulieta no novo escenario da Asociación de Veciños do Araño. A función é ás 20.00h e a entrada é de balde. Agardámosvos 🙂

Publicado en Novas | Etiquetado , , | Deixa un comentario

Os Kabramakabra na III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” de Zas

Os Kabramakabra estarán este sábado 5 de maio na III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” de Zas, xa que foron un dos 5 grupos seleccionados (entre 19 presentados). A función é ás 21h no Auditorio de Zas e a entrada é de balde, así que, non faltedes!!

Publicado en Novas | Etiquetado , , | Deixa un comentario

Os Fantásticos protagonistas do novo videoclip de Triángulo de Amor Bizarro

Os nenos e nenas d’Os Fantásticos, da nosa Escola de Teatro, protagonizan o novo videoclup do grupo barbanzán Triángulo de Amor Bizarro. O grupe indie-rock de sona mundial gravou este videoclip do seu tema “Les Llevaré Mi Cruz” hai uns meses en diferentes lugares da comarca, recoñecemos, por exemplo, as Torres Vikingas de Catoira. Pesa a climatoloxía e as numerosas horas de gravación todos os nenos e nenas disfrutaron moito desta experiencia.

Podedes ver o videoclip recen estreado na web da Cadena Ser ou en Youtube.

Publicado en Novas | Etiquetado , , | Deixa un comentario