Un mar de mulleres

Un mar de mulleres“Un mar de mulleres” é un pequeno contacontos dramatizado escrito e dirixido por Esther F. Carrodeguas para o Cadro Artístico Airiños arredor da muller no mar. A raíz dunha proposta da Concellalía de Cultura, decídese continuar con este teatro de pequeno formato (media hora) o que permite unha creación a medida e o espallamento da cultura polas difentes parroquias rianxeiras. Neste caso, coincidindo co mes da muller traballadora, decídese facer unha pequena homenaxe a todas as mulleres que traballan no mar, dende as mariscadoras, ás mairñeiras, redeiras, pescas e vendedoras, traballadoras da fábrica de conservas… Deste xeito, moitos nenos e nenas da vila poden aprender alguns traballos que descoñecen ou no seu caso, valorizalos. Trátase ademáis dun espectáculo, coma o resto dos teatros express, de carácter familiar, que tenta aunar a educación coa diversión dos mais pequenos, apelando tamén aos recordos dos adultos que poden ver reflexada en escena o seu presente, ou o seu pasado. Mesturando en escena as mariscadoras de antaño coas actuais, ou as expertas coas inexpertas, conséguese un conto para todas as idades no que as protagonistas son sempre esas mulleres do mar.

“Un mar de mulleres” virá representado a vindeira fin de semana nestes lugares e horarios:

SÁBADO 16 DE MARZO
Taragoña: Centro Cultural – 17.00 horas
Araño: Centro Sociocultural – 18.00 horas
Asados: Centro Cultural – 19.00 horas

DOMINGO 17 DE MARZO
Isorna: Casa da República – 17.00 horas
Leiro: Centro Cultural Vicente Vidal – 18.00 horas
Rianxo: Auditorio de Rianxo – 19.00 horas

Esta entrada foi publicada en Novas. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *