Sorteo dunha entrada dobre para Que vida é esta e 10 negriños

O Grupo de Teatro Airiños sortea unha entrada dobre para ver a representación dos nosos pequenos airiños o día 30 de xuño as 21.30h no Auditorio de Rianxo, onde se celebra a Mostra de Teatro Amador organizado pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo. As obras que se representan titúlanse: Que vida é esta e 10 negriños.

Para participar no sorteo tendes que realizar todos estes pasos de forma correcta. A participación conleva a aceptación das regras e condicións que especificamos máis abaixo.

  1. Ser seguidor de Airiños no Facebook (darlle a gústame).
  2. Cubrir este formulario onde terás que escribir o teu nome completo segundo figure en Facebook.

Regras e condicións

  1. Ningún membro actual de Airiños pode participar no sorteo.
  2. O concurso remata o mércores 26 de xuño ás 23.59h.
  3. O mércores 26 de xuño publicarase a listaxe de participantes, coa participación asociada a cada un. Teredes de prazo até as 17h dese mesmo día para enviar reclamacións á listaxe por se fose preciso corrixir algún erro. De non avisar de correccións, entenderase que a listaxe publicada é definitiva.
  4. O gañador elixirase aplicando a operación matemática módulo “número do sorteo da ONCE do xoves 27 de xuño” MOD “número de participantes totais”.
  5. Contactarase coa persoa gañadora mediante Facebook.
  6. Calquera circunstancia que puidera xurdir e non esté considerada nestas bases, quedará baixo a interpretación do Grupo de Teatro Airiños.
  7. A participación no concurso implica a aceptación de todas as regras anteriores.
Esta entrada foi publicada en Novas e etiquetada , , , , , . Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Sorteo dunha entrada dobre para Que vida é esta e 10 negriños

  1. Ana Isabel Reboiras Tubio di:

    gústame teatro Airiños

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *