Sorteo de entradas para Celtas Sen Filtro

Queres asistir a estrea de Celtas Sen Filtros? Queres conseguir unha entrada dobre gratis para o pase do 14 de novembro ás 21.00h? É moi simple.

Para participar no sorteo tendes que realizar todos estes pasos.

  1. Dalle a gústame na publicación do cartaz no Facebook de Airiños
  2. Comparte o cartel no Facebook
  3. Cubre este formulario onde terás que escribir o teu nome completo segundo figure en Facebook, para poder comunicarche se es o gañador.

Actualización: Segundo o sorteo da ONCE celebrado o xoves 13 de novembro de 2014, a gañadora de dúas entradas para Celtas Sen Filtro deste venres 14 é Mónica Blanco.

A participación conleva a aceptación das regras e condicións que especificamos máis abaixo.

Regras e condicións

  1. Ningún membro actual de Airiños pode participar no sorteo.
  2. O concurso remata o xoves 13 de novembro ás 20.00h.
  3. A cada participante asignaráselle un número de participación.
  4. O gañador elixirase aplicando a operación matemática módulo “número do sorteo da ONCE do xoves 13 de novembro” MOD “número de participantes totais”.
  5. Contactarase coa persoa gañadora mediante Facebook ou correo electrónico.
  6. Calquera circunstancia que puidera xurdir e non esté considerada nestas bases, quedará baixo a interpretación do Grupo de Teatro Airiños.
  7. A participación no concurso implica a aceptación de todas as regras anteriores.

Lista de participantes

  1. Adrián Ferreirós
  2. Mónica Blanco
  3. Carlos Caamaño Ferreirós
  4. Mari Carmen Ordóñez
  5. Tania F. Serantes
  6. María Teresa Pérez torres
  7. paula tubio figueira
  8. laura villanustre
  9. Luchia Vico
  10. Montserrat Ces Gomez
  11. Rosa Figueira Ordoñez
Esta entrada foi publicada en Novas e etiquetada , , . Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *