Os Kabramakabra fanse con 2 premios en Lourenzá

A familia Airiños está de noraboa. O xurado do I Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá ven de premiar a posta en escena do noso grupo xuvenil, Os Kabramakabra, pola súa obra Mass co-medias e a Marco Bravo como mellor actor de reparto. Valor engadido ten a mostra de Lourenzá, pois presentáronse 16 grupos de teatro dos cales só 8 seleccionados puideron levar á escena a súa peza. Ademais a nosa aposta foi a única de carácter xuvenil. Estes premios dan continuidade aos recibidos o ano pasado nos Premios Buero de Teatro Joven poñendo en valor novamente a nosa escola de teatro.

Os premios foron recollidos por Carmela Bravo, nomeada a mellor actriz de reparto pero con menor sorte, nunha gala presidida pola alcaldesa Rocío López, a deputada provincial Mayra García, e o concelleiro de Cultura. Despois da entrega de premios Candido Pazó representou a súa peza Que comerá o rei?.

Agradecer ao concello de Lourenzá a organización deste certame e por apostar polo teatro afeccionado.

2 reflexións sobre “Os Kabramakabra fanse con 2 premios en Lourenzá

  1. Pingback: Premios Buero de Teatro Joven 2018 | Grupo de Teatro Airiños

  2. Pingback: Os Kabramakabra fanse con dous Premios na III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” | Grupo de Teatro Airiños

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *