Mulleres que rompen moldes

Mulleres que rompen moldesEste fin de semana Airiños volve á carga, pero esta vez con teatro para nenos! Volve o Teatro-Express! Encargado pola Concellería de Educación, Cultura e Normalización Lingüística presentamos “Mulleres que rompen moldes“. Neste novo pequerrecho espectáculo familiar repasaremos ás nosas mulleres, dende os tempos de María Castaña… a María Xosé Silvar!

Este teatro-express estará representado a vindeira fin de semana nestes lugares e horarios:

SÁBADO 22 DE MARZO
Taragoña: Centro Cultural e Deportivo – 17.00 horas
Araño: Centro Sociocultural – 18.00 horas
Rianxo: Auditorio de Rianxo – 19.00 horas

DOMINGO 23 DE MARZO
Isorna: Casa da República – 17.00 horas
Leiro: Centro Cultural Vicente Vidal – 18.00 horas
Asados: Escolas Vellas – 19.00 horas

Esta entrada foi publicada en Novas. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *