HOMENS MULHERES Venha o diabo e escolha (Portugal)

homens e mulheresRematadas as filloas e orellas, gardados os disfraces e xa queimado o finado do Toribiño, temos o pracer de anunciar que froito dun intercambio teatral este sábado 11 de marzo ás 21h teremos no Auditorio de Rianxo ao GEDE (Grupo de Expressão Dramática de Escapães) de Santa Maria da Feira, Portugal. Representarán “HOMENS MULHERES Venha o diabo e escolha” unha comedia divertida que xira en torno a loita entre sexos.

A entrada é de balde e pódense retirar 1 hora antes na billeteira do propio auditorio. QUEDADES TODOS CONVIDADOS!

SINOPSE: Dende que o mundo é mundo a loita entre os sexos é unha realidade. “HOMENS MULHERES Venha o diabo e escolha” é unha comedia que nos mostra a rivalidade, os conflitos, os ciúmes, as discusións… É unha boa dose de amor entre homes e mulleres con situación do día a día de cada un de nós.
Quen será o elo máis débil?

Trailer:
Trailer

+info: http://www.gede.pt/products/novo-trabalho/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *