Mass co-medias

MASS CO-MEDIAS
Unha produción d’Os Kabramakabra da Escola de Teatro Airiños

SINOPSE: Mass co-medias é un conxunto de sketchs satíricos sobre os medios de comunicación de masas. Neles téntase ensinar unha realidade que temos ben presente pero mostrando os seus lados máis ocultos. A radio, a televisión e a prensa vense destripadas nesta obra que mostra parodicamente o que podemos ver nos medios, pero tamén o que se nos esconde. Bailaríns, pitonisas, presentadoras desquiciadas, actores egocéntricos, directores autoritarios, bolseiras mal pagadas… incluso unha científica tola! Todo ten cabida nesta disparatada historia na que non saberemos que programa nos gusta máis.

AUTORA E DIRECCIÓN: Raquel Ramos

DURACIÓN: 90 minutos

CORPO ACTORAL: Marco Bravo – Lucía Casal – Silvia Casal – Nerea Fernández – Luismi Ramos – Rebeca Ríos

VOZ RADIOFÓNICA: Adrián Lago – Miriam Pardal

PREMIOS: 

  • Premio a Mellor Posta en Escena e Premio a Mellor Actor de Reparto (Marco Bravo) no Certame de Lourenzá
  • Mención do Xurado por Texto Orixinal nos Premios Buero de Teatro Joven
  • Premio a Mellor Obra do Público e Premio a Mellor Actor (Luismi Ramos) no III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” do Concello de Zas

Para contratacións contacte con nós.