Arquivos do autor: Airiños

Os Fantásticos protagonistas do novo videoclip de Triángulo de Amor Bizarro

Os nenos e nenas d’Os Fantásticos, da nosa Escola de Teatro, protagonizan o novo videoclup do grupo barbanzán Triángulo de Amor Bizarro. O grupe indie-rock de sona mundial gravou este videoclip do seu tema “Les Llevaré Mi Cruz” hai uns meses en diferentes lugares da comarca, recoñecemos, por exemplo, as Torres Vikingas de Catoira. Pesa a climatoloxía e as numerosas horas de gravación todos os nenos e nenas disfrutaron moito desta experiencia.

Podedes ver o videoclip recen estreado na web da Cadena Ser ou en Youtube.

Abaixo o aeroporto en Rianxo do Teatro de Balugas

Despois de nós visitar Balugães (Barcelos, Portugal) co noso Romeo e Xulieta, chegan ao noso Auditorio de Rianxo o Teatro de Balugas! A obra titulada “Abaixo o aeroporto en Rianxo” promete ser unha comedia que gustará e fará rir a todo o público. A entrada é de balde e pode recollerse na billeteira do Auditorio 1h antes da función. Vémonos entón o sábado 10 de marzo ás 21.00h no Auditorio de Rianxo.

ABAIXO O AEROPORTO EN RIANXO
[sinopse]
Nos confíns de Rianxo está radicada a máis pequena comunidade portuguesa de todo Galiza, da cal o Goberno Portugués posiblemente nunca escoitou falar. Ti Abílio hai moito que escoita mal, di que foi da fame que pasou de máis novo. Zé Bidão é bailador de bailes de salón no seu tempo libre e vive de facer pequenos amaños de vez en cando. O romanés Yuran, traballador ilegal en España, fala mal a lingua de Cervantes, pero entende ben a preguiza de Zé Bidão. El veuse para Galiza á procura de fortuna e vese metido na maior allada da súa vida cando Ti Abílio inocentemente entende que o aeroporto ía ser construído en Rianxo. A noticia corre rápido pola vila.

A partir de aquí, Zé Bidão pasa de dedicarse a facer chambonadas a enxeñeiro do aeroporto. Así como comeza a difundirse a noticia, tiran abaixo a idea do aeroporto de Rianxo: un político de Lisboa aproveitase da situación transfronteiriza, argumentando que alí non pode ser construído, xa que Rianxo atópase no medio dunha ruta migratoria de aves, en especial de rulas turcas. A policía é chamada para que interveña xa que hai un motín liderado por María das Dores, nai solteira que aproveita a presenza dunha canle televisiva sensacionalista de Madrid.

[FICHA ARTÍSTICA]
[texto e dirección artística] Cândido Sobreiro

[interpretación]
André Sobreiro, Aurélio Magalhães, Cândido Sobreiro, Cristina Faria, Cristiano Esteves, Diana Gonçalves, Davide Faria, Gilda Silva, Jorge Teixeira, Juliana Pereira e Rui Pereira

[equipo técnico]
[produción] Diana Gonçalves
[luz e son] Matilde Esteves
[escenografía e carpintería] Cristina Faria e David Pereira
[vestiario] Manuela Rosas e Diana Gonçalves
[apoio de escena] Ana Magalhães
[cartaz] André Sobreiro

[apoio]
Teatro de Balugas
Junta de Freguesia de Balugães
Município de Barcelos
Barcelos Cidade Educadora
Fundação INATEL
ID3 – Design e Publicidade


Teatro de Balugas

Fundado em 2007, o Teatro de Balugas inspira-se na cultura popular do Minho.
É teatro feito na aldeia, acreditando que este trabalho comunitário manterá viva a identidade desta, enquanto espaço de criação, numa luta contra o desaparecimento do mundo rural, da festa feita nas terras pelas gentes que contavam apaixonadamente as suas crenças, tradições e costumes, de uma certa ideia de progresso que não serve homens nem comunidades.
É uma história de resiliência e continuidade, onde a cultura popular de gerações resiste nas mãos de um punhado de artistas anónimos que pisam o palco de balugas ou borzeguins, botas altas com atacadores, de onde deriva o topónimo da aldeia de Balugães.