Arquivos mensuais: Maio 2017

Escapães (Portugal)

CARTEL HOXE NON SE PAGA_escapaesSegunda internacionalización de Airiños! Desta vez alonxámonos un pouco máis xa que imos ata Escapães (Santa Maria da Feira), máis abaixo do Porto, grazas ó Grupo Expressão Dramática de Escapães (GEDE) que xa coñecedes, pois visitaron Rianxo en marzo.

Será o sábado 27 de maio ás 21.15h (hora portuguesa). Se alguén se anima, que se veña! Que fletamos un autobus 🙂

Premios de Teatro Xoven “Buero”

KabramakabraOs nosos parabéns ós Kabramakabra da nosa Escola de Teatro que acaban de recibir unha mención especial do xurado ó Talento e á Creatividade por “Con S de Super” nos Premios Buero de Teatro Joven de CocaCola. En especial a Marco Bravo por obter a mención especial a Mellor Traballo Actoral. A seguir medrando rapaces!